Friday 22 de November de 2024

A Biblioteca acollerá o vindeiro luns a presentación do libro “El hogar de Enma”, de Alba Santiago


A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou a presentación, o vindeiro luns día 31, do libro “El hogar de Enma”, da escritora Alba Santiago. A cita terá lugar na sala multiusos da planta soto da Biblioteca ás 19.30 horas e está aberta á asistencia da cidadanía en xeral, ata completar a capacidade dispoñible.

“El hogar de Enma” é un conto que a autora decidiu escribir debido á súa preocupación polo repunte de casos de violencia homófoba que se vén dando nos últimos anos. A través da historia de Enma e Sofía a escritora pretende que os nenos e nenas vexan o amor coma un sentimento tan forte que é quen de superar todos os medos. O conto, avanzou Alba Santiago, está orientado a nenos e nenas a partir de 8 anos.

A concelleira de Bibliotecas animou ás veciñas e veciños de Narón a acudir a este acto, co fin de coñecer de primeira man este traballo da autora.