O pleno municipal acordou designar como festivos locais de Oleiros para o ano 2024 o martes de Entroido (13 de febreiro) e o San Xoán (24 de xuño).
O concelleiro electo pola candidatura do Bloque Nacionalista Galego, Iván Roca Cruz, tomou posesión do seu cargo ao comezo da sesión. O pleno municipal celebrado esta tarde tamén aprobou diversos asuntos relacionados coa ordenación urbanística.