Neste campamento, que hoxe celebra o seu último día, mozos e mozas de entre 9 e 12 anos aprenden a separar residuos, a plantar árbores autóctonas, a realizar traballos na horta e a fabricar xabóns artesanais, entre outras actividades
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe os mozos e mozas que participan no campamento Saborea a vida do rural, na escola de agricultura ecolóxica de Vilasantar. Durante a visita destacou o labor educativo da campaña de verá da Xunta para a mocidade.
Neste campamento, os mozos e mozas poden aprender a separar os residuos, a plantar árbores autóctonas, a realizar traballos na horta ou de fabricación de xabóns artesanais. Ademais, tamén realizan roteiros pola zona ata Santa María de Mezonzo, o pazo de Mende e o mosteiro de Sobrado dos Monxes, entre outros. Neste campamento, que hoxe celebra o seu último día, participan rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos.
A campaña de verán da Xunta para este ano 2023 é a máis ampla con máis de 11.200 prazas en distintas actividades, pero tamén e a máis variada e accesible. Nela ofrécense actividades para todas as idades e gustos como campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ou intercambios con outras Comunidades. O obxectivo e que a mocidade pase uns días de aprendizaxe e diversión e que os pais conten cun servizo de conciliación para esta época estival.