Friday 22 de November de 2024

O Concello anima a mozos e mozas a participar nas actividades acuáticas e deportivas de “Nedactívate verán”


Mantén abertas inscricións neste programa municipal gratuíto

O Concello de Neda anima a mozos e mozas a anotarse no programa gratuíto de actividades deportivas e recreativas “Nedactívate verán”. Trala convocatoria lanzada en xullo, confía en poder reunir un número mínimo de participantes para poder así desenvolvelo en agosto. Está dirixido a menores de entre 11 e 16 anos, e o calendario contempla unha morea de actividades acuáticas na piscina municipal e deportivas na pista dos Subarreiros – en caso de choiva, trasladaríanse ao centro cívico Ramón Millarengo-.

Celebraríanse os martes e venres entre as 11 e as 13 horas. A inscrición está
aberta no teléfono 675 835 635.

Un programa de lecer saudable, gratuíto, con xogos na piscina, circuitos de habilidades deportivas, deportes colectivos (fútbol, baloncesto, balonmán, voleibol), alternativos (disco voador, indiaca, lacrosse), e xogos e actividades de expresión
corporal (mimo, exercicios de equilibrio…).