• O goberno local aprobou en sesión plenaria un suplemento de crédito cun importe total de 243.244,15 euros procedentes do remanente.
• A partida irá destinada a completar a ampliación do club Náutico e adquirir novo equipamento (182.771,40 euros); a renovación do pavimento en viais de Vilanova, Perbes e Miño (12.521,94 euros); a reforma do inmoble de servizos municipais da escola infantil A Ceboliña e as dependencias dos servizos culturais e sociais do Concello (12.131,16 €) e o mantemento do pavimento de vías públicas en Bañobre e Viadeiro (35.819,45 €).
O Concello de Miño aprobou hoxe en pleno extraordinario un suplemento de crédito por valor de 243.244,15 euros procedentes do remanente de tesourería para completar diversas actuacións de mellora.
Así, grazas a esta modificación orzamentaria habilitarase o orzamento necesario para finalizar por completo a actuación de reforma e ampliación do Club Náutico, destinando 182.771,40 euros, dos cales 55.587,15 serán para a adquisición de novo equipamento deportivo.
Tamén se destinarán 12.131,16 euros a maiores para a reforma das instalacións de servizos municipais da escola infantil A Ceboliña e as dependencias dos servizos culturais e sociais do Concello de Miño, e achegaranse 12.521,94 euros adicionais para finalizar o pago do proxecto de renovación do pavimento en viais de Vilanova, Perbes e Miño.
Ademais, habilitaranse os orzamentos necesarios para a conservación e o mantemento do pavimento de viais públicos en Bañobre e Viadeiro, cun importe de 35.819,45 euros.