As prazas son limitadas. A inscrición, que é gratuíta, débese formalizar na oficina de turismo de Caión.
O Castro de Montes Claros é un dos elementos arqueolóxicos de maior importancia da Laracha. O Concello, despois de adquirir os terreos nos que se sitúa o xacemento, vén desenvolvendo nos últimos anos intervencións dirixidas á súa posta en valor, incluído as primeiras escavacións arqueolóxicas deste antigo poboado fortificado da Idade de Ferro situado na parroquia de Vilaño.
Precisamente co propósito de que a veciñanza larachesa poida coñecer o Castro de Montes Claros e as intervencións realizadas durante os últimos anos, o Concello organiza unha visita guiada pola arqueóloga Puri Soto que terá lugar o sábado día 5 de agosto a partir das 12:00 horas.
A inscrición para anotarse nesta xornada é gratuíta e abrirase mañá xoves. Debe formalizarse na oficina de información turística de Caión ou chamando ao 981604324. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.