A Casa da Cultura de Neda acollerá un ano máis o acto de presentación do último número da “Revista Olga, Revista de Poesía Galega en Madrid”. Será o número 12, e celebrarase mañá xoves 27 de xullo, a partir das 19:30 horas, con entrada libre. Conducido polo escritor e fillo predilecto de Neda Vicente Araguas, contará coa participación dos escritores Lidia Teixeiro e Manuel Pereira Valcárcel.
Así mesmo, e tralas intervencións, o público poderá asistir a un recital de poesía a cargo de Carlos Neira, Ana Varela, Antonio Polo e Xoán García.