O vindeiro xoves finaliza o micro festival musical As Tardes do Alfar cun concerto da banda Capital Voskov. Será ás 20:00 horas, nos xardíns das Torres de Santa Cruz con acceso libre e gratuíto.
Álvaro Beiró (baixo), Alberto Romero e Sergio González (guitarras), Chema Caamaño (batería) e Alfonso Gallardo (vocalista) forman a banda muradana Capital Voskov; o resultado da evolución de outros proxectos como Maestro e que seguen a estela da nova ola galega que lideraron no seu día bandas como Terbutalina e hoxe abandeiran The Rapants, Familia Caamagno ou Quinkillada.
Antes do concerto, desde as 19:00 horas, haberá demostracións de olería en vivo e bautizo de torno para todas aquelas persoas que se acheguen aos xardíns das Torres, da man do oleiro Alberto Añón da olería Lista de Buño.