O alcalde, Oscar García Patiño, en nome da Corporación leeu un manifesto conta o terrorismo machista que incidiu na máis enérxica repulsa á violencia machista. “No que vai de ano son xa 46 as mulleres asasinadas en todo o estado das cales 6 foron asasinadas en Galicia. A violencia de xénero constitúe unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres. Na cúspide da pirámide de violencia están os asasinatos de mulleres polo mero feito de selo. Son a manifestación máis clara da sociedade patriarcal pero non as únicas manifestacións que provocan a subordinación das mulleres”
O rematar o acto gardouse un minuto de silenzo en recordo das vítimas da violencia machista. Asimesmo, a Cruz Vermella colocou un posto co obxectivo de visibilizar este día, e os cidadáns puideron deixar constancia da súa repulsa cunhas notas que se adosaron na parede do Concello, xunto cun lazo violeta que representa a loita contra esta lacra..