Saturday 16 de November de 2024

O Concello inicia os traballos de mellora de 38 camiños en Bemantes, Callobre, Carantoña, Castro, Miño, Perbes e San Xoán


● As intervencións inclúen labores de pavimentación, limpeza, nova sinalización e mellora de drenaxe.

O Concello de Miño inicia un novo paquete de actuacións dentro do seu plan de reafirmado e mellora da rede viaria do municipio, que neste caso levará a cabo en 38 camiños en Bemantes, Callobre, Carantoña, Castro, Miño, Perbes e San Xoán. As intervencións inclúen labores de pavimentación, limpeza, novas sinalizacións e mellora de drenaxe.

En Bemantes traballarase nos camiños de Cobelas, Ansimonde, AC160-Padrín, Costa Sabugueiro, tramo na Pedreira e tramo no lado norte do centro social. En Callobre na vía que vai da DP4804 a Peñascal (Santa Uxía), da DP0906 a Requeixo-Cachufeira e da DP0906 a Cachufeira. En Carantoña desde a DP0906 á Torrelonga e un tramo na Sapeira. En Castro o Camiño dous Currás, Camiño do Púo, un tramo da zona do Pazo San Paio e o camiño en Viadeiro. En Miño mellorarase a vía de Condomiñas, Robaleira-Hermo, o tramo do albergue a Protección Civil, o ramal de acceso desde a N-651 a Barrosa, na Rúa, a rúa Fco. García Picos, en Ponte do Porco e o camiño de Outeiro en Sombreu. En Perbes os camiños de Sambollo-Dous Ríos-Cobo, Currás-Arbosa, Nigrofe-Muíños-Chancas e en Sambollo. En San Xoán o de Ombre á rúa A Fraga, en Valgote, en Modia, Ombre-zona depósitos, Ar en Buíña e na Graña.
Ademais, xa se executaron algúns camiños incluídos neste paquete de actuacións: en Callobre o de Barbeita-lugar de Vigo e de lugar de Vigo a DP4804, e en Castro o Camiño Real xunto ao seu transversal e o paralelo á AP9 cara a Bañobre e Ponche Nande.