Friday 22 de November de 2024

Mozos que participan no Programa Xuventude Mentoring visitan o Museo de Estella Galicia


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacou a importancia de facilitar que a xente nova entre en contacto con empresas

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou esta tarde a un grupo de mozos que participan no programa Xuventude Mentoring nunha vista ao museo de Estrella Galicia (MEGA). Antes de percorrer estas instalacións, recibiron unha charla a cargo do responsable de Recursos Humanos da compañía, José Yera.

Cristina Pichel destacou a importancia que teñen este tipo de actividades para facilitar que a xente nova entre en contacto con empresas e coñeza o tecido produtivo galego. Así mesmo, sinalou que o obxectivo do programa Xuventude Mentoring, que xa vai pola súa terceira edición, é apoiar a inserción laboral da mocidade e facer máis doada a súa transición do ámbito formativo ao laboral.