Hoxe, o salón de plenos da Casa do Concello de Laxe acolleu a presentación do Campionato Galego de Salvamento Acuático en augas abertas.
O evento desenvolverase durante toda esta fin de semana, venres incluído, na praia de Laxe. En total participarán 11 clubs de toda Galicia en diferentes modalidades: xuvenil-júnior, alevín e cadete-infantil.
Ao acto deste xoves acudiron o rexedor, José Luis Pérez Añón; a presidenta da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia, Nuria Rodríguez; o director deportivo da entidade, Daniel Vila; e o presidente do Club De Salvamento Acuático A Laracha, Pablo Rodríguez.