Thursday 21 de November de 2024

Existe unha gran preocupación en Sada pola sucesión de feitos delituosos


O Grupo Popular de Sada preguntará ao Goberno Local polas accións previstas para abordar o grave problema da inseguridade cidadá

Ante a onda de feitos delituosos que se están producindo no termo municipal e que teñen moi preocupados, senón atemorizados, a moitos cidadáns, o Partido Popular, a través do seu Grupo Municipal, preguntará ao Goberno Local que medidas ten previstas para abordar con carácter urxente e inmediato a resposta a esta secuela.

Delitos contra a propiedade, roubos, furtos, intimidacións, algunha agresión física ou de violencia de xénero, accidentes de tráfico, #etc, salpican os últimos meses a vida dos cidadáns do Concello creando a lóxica preocupación.

“De todas as cuestións que preocupan aos nosos veciños as que afectan á súa tranquilidade e seguridade son, sen ningunha dúbida, as máis relevantes polo que hai que darlles unha resposta inmediata desde o goberno local” manifestou Esperanza Arias Portavoz do Partido Popular.
“Xa existían problemas durante a pasada lexislatura que os distintos responsables locais non souberon abordar”

A falta de medios, especialmente de axentes da Policía Municipal en número suficiente (de acordo con os estándares que esixen as institucións nacionais e internacionais en función do número de habitantes ) afecta de maneira incuestionable á calidade do servizo de orde pública e, mesmo, á seguridade dos propios axentes.
“Queremos coñecer que plans ten o goberno de Sada maioría para afrontar este gravísimo problema en cuxa solución nos comprometemos a colaborar” engadiu a Portavoz Popular “Preguntaremos no próximo pleno por este asunto”