Hoxe, o rexedor, José Luis Perez Añón, recibiu no salón de plenos da Casa do Concello aos axentes da Garda Civil que este pasado domingo participaron no rescate de dúas bañistas na praia de Rebordelo, no Concello de Cabana.
Juan Antonio Nogueira Beade e Alberto Lago Louro, ambos adscritos ao posto do instituto armado de Laxe, foron os primeiros en chegar á zona más abrupta do areal onde se atopaban dúas mulleres, unha delas menor, que se viron atrapadas entre as rochas mentres realizaban bodyboard.
Desde o Concello de Laxe queremos agradecer e recoñecer o gran labor de ambos os dous axentes, quen demostraron valentía, tesón e dilixencia durante un complicado rescate que durou máis de 40 minutos.
A nosa máis sincera gratitude tamén para con todas as persoas que colaboraron na resolución do incidente que, afortunadamente, tivo un final feliz.