Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Brión celebra este venres un magosto con chocolate con churros de balde na carballeira de Santa Minia


O Concello de Brión, en colaboración coa asociación de mulleres Xuntanza, organiza este venres 27 de novembro o seu tradicional magosto e chocolatada, que terá lugar a partir das 19:00 horas na carballeira de Santa Minia. Unha festa na que tanto as castañas como o chocolate con churros serán totalmente de balde para todos os asistentes.

En previsión de mal tempo, o Concello de Brión habilitará unha capa na carballeira. Os veciños e veciñas que participen no magosto tamén poderán disfrutar coas actuacións musicais da charanga tradicional “Asubíos de Rebordelo” e dos integrantes da Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Brión.