Friday 22 de November de 2024

Restauración do mural pola paz de Xaquín Marín na fachada do Concello


Tralo repintado do mural “Todos metidos nun bote” (Avda. das Pías), que a Concellería de Cultura promoveu hai un ano no marco das actividades ao redor da exposición antolóxica “Volta á orixe”, un grupo de usuarios/as do Centro Ocupacional de Aspaneps de Fene traballa estes días na recuperación doutro mural da Xaquín Marín, o que se amosa na fachada da Casa do Concello. Trátase dunha obra alusiva ao desarme e en favor da paz.

O mural foi pintado orixinalmente no ano 1983, coincidindo coa declaración do termo municipal como “zona desnuclearizada”, o que significaba a “prohibición de autorización para instalación de enxeños nucleares, tanto bélicos como xeradores de enerxía, así como impedir o paso de camións con pezas para estas instalacións”. A actuación sobre este mural esta previsto que remate antes de finais de mes.