Friday 22 de November de 2024

‘Puskas’, o setter inglés de Manuel Cancela, convértese no mellor exemplar da exposición de cans de caza de Abegondo


• A Asociación de Cazadores de Abegondo organizou a cita en colaboración co Concello.

‘Puskas’, o setter inglés de Manuel Cancela, converteuse, esta mañá, no mellor exemplar da exposición de cans de caza de Abegondo. Na cita, organizada pola Asociación de Cazadores en colaboración co Concello, participaron decenas de exemplares procedentes de toda a comarca. O alcalde, José Antonio Santiso, e o concelleiro de Industria, Comercio, Xuventude e Polígono Ecoagrario, Marcos Zapata, foron os encargados de entregar os galardóns. O rexedor aproveitou a ocasión para felicitar aos propietarios e criadores polo recoñecemento.

Ademais do de ‘Puskas’, tras a deliberación do xurado, outorgáronse estes galardóns:

• Mellor camada:
Recaeu en mans do criador Alvesayes pola súa camada de beagle.

• Mellor jauría:
Foi a parar a mans de París de Abegondo pola súa jauría de leonados.

• Caza-Pluma (can de parada):
Déronse tres recoñecementos: un a Luís Barcia pola súa bretoa, outro a Iago do Llesar polo seu setter inglés e un terceiro a ‘Varane’, un perdigoteiro de Pepe de Leira.

• Caza maior:
Como na categoría anterior, houbo tres galardoes para: ‘Dandy’, de Dinito de Carballo; ‘Santo’, o grifón azul de Alberto de Arteixo; e para ‘Daisy’, a sabuesa de Ou Parayo.

• Caza menor:
Os premiados foron ‘Sol’, unha basset briket de José Ángel; ‘Ron’, o beagle de Javier Sánchez; e ‘Mouro’, o beagle de Daniel.