— Os galardóns, dotados con 1.000€ por persoa, teñen como obxectivo recoñecer o esforzo e o bo aproveitamento académico deste alumnado
— Enmárcanse dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego
A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 23 titulados de FP, a razón de un por cada unha das familias profesionais, cos Premios extraordinarios de grao superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022.
O obxectivo destes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia. Enmárcase dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.
A dotación orzamentaria para estes premios é de 23.000 euros que se distribúen entre os galardoados na mesma contía, de 1.000 € por alumno. Ademais da correspondente achega económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.
O premiados son os que se relacionan na seguinte táboa:
Galardoado | Familia profesional | Provincia | Concello | Centro educativo |
Eiris Garaboa, José Manuel | Imaxe e son | A Coruña | A Coruña | CIFP Imaxe e Son |
Penas López, Iván | Edificación e obra civil | A Coruña | A Coruña | CIFP Someso |
Roca Paz, Ányela | Agraria | A Coruña | Boqueixón | CFEA de Sergude |
López Rey, Brais | Instalación e mantemento | A Coruña | Cedeira | IES Punta Candieira |
Martíns Lago, Tamara | Administración e xestión | A Coruña | Cee | IES Fernando Blanco |
López Hinojosa, Aldara | Artes gráficas | A Coruña | Ferrol | CIFP Leixa |
Álvarez Felgar, Tania | Seguridade e ambiente | A Coruña | Ferrol | IES Concepción Arenal |
Caamaño Outón, Laura | Sanidade | A Coruña | Noia | IES Campo de San Alberto |
Pampín Gómez, Carla | Química | A Coruña | Santiago de Compostela | CIFP Politécnico de Santiago |
Ferreiroa Mosquera, Mauro | Actividades físicas e deportivas | A Coruña | Santiago de Compostela | IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Salvado Millán, Yolanda | Hostalaría e turismo | A Coruña | Santiago de Compostela | IES Plurilingüe Rosalía de Castro |
Couceiro Bañol, Juan Diego | Transporte e mantemento de vehículos | Lugo | Lugo | CIFP As Mercedes |
Pol López, Artur | Enerxía e auga | Lugo | Lugo | CIFP As Mercedes |
Taboada Senaz, Ernesto | Imaxe persoal | Lugo | Monforte de Lemos | IES A Pinguela |
Fernández Vázquez, Miguel Alejandro | Industrias alimentarias | Lugo | Sober | CPR Belarmino Fernández Iglesias |
Cancela Seijas, José Manuel | Fabricación mecánica | Lugo | Xove | IES Illa de Sarón |
Domínguez Táboas, Óscar | Servizos socioculturais e á comunidade | Pontevedra | Mos | CPR Plurilingüe Lar |
Rivas Otero, Alba | Comercio e márketing | Pontevedra | O Porriño | IES Ribeira do Louro |
Fernández Pérez, Raquel | Téxtil, confección e pel | Pontevedra | Vigo | CIFP Manuel Antonio |
Álvarez Gallego, Noelia | Madeira, moble e cortiza | Pontevedra | Vigo | CIFP Valentín Paz Andrade |
Rodríguez Posada, Paula | Electricidade e electrónica | Pontevedra | Vigo | CPR Colegio Hogar Afundación |
Castro Blanco, Armando | Informática e comunicacións | Pontevedra | Vigo | IES de Teis |
Piñeiro Budiño, José Javier | Marítimo-pesqueira | Pontevedra | Vigo | Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico |