Friday 22 de November de 2024

O concello inclúe dous espectáculos culturais para todos os públicos no programa da Festas do Corpus e Carme de Caión


O domingo, espectáculo cómico Saaabor!
Nesta fin de semana celébranse en Caión as festas do Corpus e do Carme.

Ademais dos actos relixiosos -misas e procesión marítima- e dos eventos puramente festivos -sesións vermú e verbenas- a cargo da Acd Peña Royal, o Concello oferta dúas propostas culturais dirixidas a todos os públicos.

O sábado, actuación da Asociación Cultural Arume de Caión coa música e o baile tradicionais galegos como protagonistas destacados.

O domingo será a quenda para o espectáculo cómico Saaabor!, protagonizado polos actores Fran Rei e Félix Rodríguez. A obra mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, sempre co mundo da gastronomía de fondo.
Ambos eventos culturais serán ás 20:00 horas na praza Eduardo Vila Fano.