Os días 14, 15 e 16 de xullo, terá lugar unha nova edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa, máis coñecido como RÚA EXT-CÉNICA. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música rock, circo, danza contemporánea, teatro,… que intentarán transformar a rúa nun escenario propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo.
Venres 14
Circo: Hermanos inconfundibles (ás 20:00 h, no Parque José Martí)
Circo-teatro: Jean Philippe Kikolas (ás 21:30 h, na praza Afundida de Sta. Cristina)
Sábado 15
Danza contemporánea: Marta Alonso Tejada (ás 20:00 h, na praza Esther Pita)
Concerto: The Nunzia’s (ás 21:30 h, praza do Castelo en Sta. Cruz)
Domingo 16
Teatro de rúa: Teatro Ghazafelhos (ás 12:30 h, miradoiro de Santa Ana en Mera)
Danza contemporánea: Tuatha-Dova, Laboratorio Escénico e Exire (ás 21:00 h, no parque José Martí)