Friday 22 de November de 2024

Costas accede á demanda do Concello de retirar as 3 árbores perigosas da praia de Santa Cristina


Ante as reclamacións por parte do Concello, a Demarcación de Costas procederá a retirar as 3 árbores que estaban causando un grave perigo na praia de Santa Cristina. Trátase de dúas árbores que están a piques de caer e unha que xa está deitada na parte interior da praia, a que dá á ría.

O Concello, ademais de advertir a Costas desta situación, tivo que dar traslado do asunto á Fiscalía ante o deterioro das condicións de uso do espazo público e a inacción de Costas. “Inicialmente non nos fixeron caso, pero agora si. Costas notificounos que van retirar as árbores de alí. Polo tanto, unha boa noticia que se vaia eliminar ese perigo e saneen aquela zona”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.