• As instalacións de fútbol acollerán o I Torneo de Fútbol Praia AD Miño – Concello de Miño, que se celebrará en agosto.
O Concello de Miño volve promover un ano máis a práctica deportiva nos seus areais, ofrecendo aos veciños unha alternativa de lecer saudable coa colocación de pistas de fútbol e voley na praia da Ribeira.
Os traballos de instalación de redes e porterías xa están rematados, polo que as persoas que así o desexen xa poden facer uso de ambas as pistas desde hai uns días.
Ademais, unha das novidades este verán é a organización do I Torneo de Fútbol Praia AD Miño – Concello de Miño. A competición terá lugar na pista instalada na praia da Ribeira, entre o 18 e o 20 de agosto.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, sinala que o obxectivo é que “vos veciños e visitantes desfruten do verán e dá praia de forma activa, dotando ao areal de diferentes recursos para elo, como son as novas pistas”.