Saturday 16 de November de 2024

Alberto Ruíz de Samaniego fala este venres en Fene sobre “Arte e trastornos mentais”


No marco da IV exposición do alumnado do laboratorio de creación artística Laudas Calamity que se amosa este verán no Museo do Humor Xaquín Marín de Fene, o profesor de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Vigo, Alberto Ruiz de Samaniego, impartirá este venres unha conferencia sobre
“Arte e trastornos mentais”. A charla será ás 12 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Fene, con entrada libre.

Alberto Ruiz de Samaniego (Fene, 1966) é profesor titular de Estética e teoría das artes da universidade de Vigo. Doutor en Filosofía pola Universidade Autónoma de Madrid. Coordinador do Máster de Arte Contemporánea: investigación e creación da Universidade de Vigo. Foi Director da Fundación Luís Seoane da Coruña (2008-2011). Crítico cultural e comisario de exposicións. Premio Espais á crítica de arte. Comisario do Pavillón Español da 52 Edición da Bienal de Arte de Venecia. Publicou varios libros e comisariado exposicións dos artistas Antón Lamazares, Luís Seoane, Xesús Vázquez, Chema de Luelmo e Manuel Vilariño, así como diversas colectivas de arte contemporánea.

A exposición “Arte e trastornos mentais” ten como obxectivo “sensibilizar aos novos públicos sobre os trastornos mentais, un tema difícil e doloroso sobre o que aínda existen moitos medos, tabús, estigmas…”. A mostra, que poderá visitarse até o vindeiro 16 de agosto, inclúe obras que abordan temas como a depresión, as adiccións, as fobias, o TOC, o bulling (como conducta e consecuencia de trastornos), o TCA, etc. Nela teñen cabida disciplinas coma o video arte, as instalacións, a escultura, o debuxo ou a pintura. Tamén inclue “híbridos entre distintas disciplinas coma por exemplo o fotodebuxo (falando sobre a adicción á maquillaxe).