Saturday 16 de November de 2024

O Concello asume o 30% dos gastos das escolas infantís públicas


Non é certo que a Xunta financie ao 100% a gratuidade das escolas infantís. O Concello de Oleiros inviste máis de 300.000 euros anuais no mantemento das catro escolas infantís públicas do municipio. O Goberno autonómico obriga aos concellos a pagar pero non permite inxerencias na educación infantil.

Algo semellante acontece co Centro de Día para persoas maiores, do que o Concello sufraga o 50% do gastos correspondentes a cada persoa usuaria. Porén, a súa xestión resulta absolutamente opaca para o Concello, pois non se permite acceder a ningunha información sobre prazas, listas de agarda, prazas valeiras, criterios de admisión, etc.. datos dos que dispón unicamente a Xunta e a empresa prestataria do servizo. Este ano, o Concello de Oleiros pagará á Xunta máis de 100.000 euros por este concepto.