Os Campamentos Municipais de Verán do Concello de Frades reúnen este ano a preto de 70 nenos e nenas, de 3 a 16 anos de idade. Unha cifra que supón un novo récord destes campamentos de conciliación, que estaba establecido nos sesenta participantes do verán de 2021.
A rapazada, repartida en grupos de idade, desfruta de todo tipo de actividades lúdicas: xogos, obradoiros, experimentando coa ciencia, masterchef, xardinería, festas, sendeirismo, piscina, festa da auga, actividades deportivas, contacontos… Unha iniciativa que se estenderá ata o 8 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvólvese no CPI de Ponte Carreira e nas instalacións municipais (piscina, pavillón polideportivo ou campo de fútbol). O Concello de Frades conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade a través do Programa Corresponsables.