Saturday 16 de November de 2024

Recibimento de 100 deportistas de taekwondo por parte do alcalde de Ribeira


O alcalde de Ribeira Luís Pérez Barral e o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, recibiron esta semana, no camping Ría de Arousa 2, a un cento de deportistas de diferentes idades e chegados de todos os puntos da xeografía que participan no campamento de verán de alto nivel de taekwondo “Soño Olímpico XIV”.

O obxectivo deste campamento é achegar a grandes figuras do taekwondo á mocidade que practica esta disciplina deportiva. Nestas xornadas, os mozos e mozas adquiren coñecementos técnicos e aprenden coñecen as rutinas para acadar o éxito.
Este é o cuarto e derradeiro campamento de verán deste ano 2023, a primeira semana estiveron outro cento de deportistas “kids” e de técnica, a segunda semana outros tantos da modalidade de combate para categorías cadetes e precadetes, e está derradeira semana preto outros cen na modalidade de combate para categorías superiores. Nesta ocasión contamos contouse co campión mundial e europeo Jaouad Achab e a sua compañeira Indra Achab, o adestrador local Raúl Bouzas, o campion mundial e europeo Alex Vidal, o campion europeo Huga Arillo, así como preto dunha ducia de campions e campioas de España, Portugal e Italia entre outros países.

Pérez Barral agradeceu ao traballo desenvolvido por Juan Luís Martínez e todo o seu equipo, xa que conseguiron consolidar este deporte no municipio e convertelo nunha referencia a nivel internacional. “O deporte é un dos piares do benestar dunha sociedade por iso este goberno local está comprometido co deporte, polo que imos seguir apoiando iniciativas como esta que permitan fomentar a actividade física entre a mocidade”.