Friday 22 de November de 2024

A Coruña acolle os Campionatos de España de Verán de Salvamento e Socorrismo, con récord de participación


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, supervisou esta mañá o desenvolvemento dos XXXV Campionatos de España de Verán de Socorrismo e Salvamento, que se celebrará ata o domingo na praza do Orzán. Ata mañá, mércores 12, terán lugar as probas xuvenil e júnior, con récord de participación nesta edición, con 500 deportistas inscritos.

A alcaldesa, que estivo acompañada polo concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, destacou a gran implicación das distintas federacións presentes, destacando a galega (FESSGA), con 132 participantes estes días. Rey lembrou que as actividades formativas en salvamento para nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, que se levan a cabo nas praias do Orzán, Riazor e Oza, terán continuidade ata o 15 de setembro e animou á mocidade a participar nelas.

A Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo fixo entrega dun distintivo ao Concello da Coruña pola organización desta edición da competición, que recolleu a alcaldesa da man de Isabel García, presidenta da Federación.