O recente anuncio dos Estados Unidos de traslado a Ucraína de bombas racimo, armas de guerra prohibidas por case todos os países do mundo debido ao seu enorme potencial asasino, é unha das peores noticias que está a dar de si o actual conflito entre grandes potencias co pobo ucraíno como única vítima.
O actual conflito entre Rusia e Ucraína está servindo para que os países da OTAN, coa desculpa da axuda, vaian desfacéndose do seu armamento pesado obsoleto, unha colaboración que cobrarán a prezo de ouro ao país eslavo en forma de comportamento colonial, como xa fixeron en Libia e Irak, explotados polas potencias occidentais que acabaron coas súas estruturas produtivas e coa calidade de vida das súas xentes.
Tanto o regueiro de mortes e persoas feridas, que se contan por centos de milleiros, como a destrución de parte do país resultan unha enorme vergoña para todo o mundo.