Friday 22 de November de 2024

A tradicional sardiñada da praia de Mera celebrarase o venres 21 de xullo


O Concello de Oleiros, en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca, organiza o vindeiro venres 21 de xullo a tradicional sardiñada que se celebra na praia de Mera. A festa comezará a partir das 20:00 horas.

Venderanse tanto sardiñas asadas como crúas, poñendo leña gratuíta a disposición de aquelas persoas que desexen utilizar as súas propias grellas, e tamén haberá punto de venda de bebidas. A animación musical correrá a cargo da Agrupación Cultural A Marola de Mera e da charanga A Santa Compaña.

O Concello decidiu asumir a organización desta festa o pasado, en colaboración coa Asociación Veciñal San Cosme de Maianca, ante a posibilidade de que se perdese. Este evento formaba parte tradicionalmente das Festas do Carmen de Mera, que non se celebrarán novamente este ano ante a inexistencia dun grupo de persoas que decidise asumir o relevo na comisión de festas.

A sardiñada da praia de Mera é un evento singular e dunha grande tradición non só na localidade de Mera, senón en todo o municipio, con sona por toda a comarca da Coruña. Trátase dunha festa de grande interese cultural, social e turístico.