• As actividades, que son de balde, están subvencionados polo propio Concello e o Grupo Rodonita
• O obxectivo deste programa é o de desenvolver a cretividade a través de distintas actividades relacionadas coa robótica, os deportes, as curiosidades científicas, a programación, a realidade virtual e os drons.
O Concello das Somozas, xuntto co grupo Rodonita, promoven a realización de ‘Somozas Tech’, os cursos de robótica para desenvolver as habilidades creativas dos mozos e mozas.
Os cursos, que son de balde, realízanse desde o 3 ata o 28 de xullo, en horario de 10 a 14 horas, e están dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello, así como aso pertencentes ao Grupo Rodonita, con idades comprendidas entre os 4 e os 15 anos. O programa conta, ademais, cun servizo de madrugadores que vai de 09 a 10 horas.
O obxectivo deste programa é o de fomentar o desenvolvemento da creatividade a través de distintas actividades relacionadas coa robótica, os deportes, as curiosidades científicas, a programación, a realidade virtual e os drons.