O concelleiro de Servizos, Manuel Ramos, informou dun corte no subministro de auga que levará a cabo a empresa Cosma mañá, dende as 09.00 ata as 13.00 horas na rúa Xaquín Bruquetas, do número 1 ao 37.
A medida responde á necesidade de realizar tarefas de mantemento na rede, tal e como indicaron dende a empresa.