Saturday 16 de November de 2024

A Xunta colaborará nunha nova edición de “Aldeas Singulares” que orgniza a Fundación Eduardo Pondal


O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, sinalou hoxe que a Consellería de Política Social e Xuventude colaborará un ano máis no encontro ‘Aldeas Singulares’, que organiza a Fundación Eduardo Pondal e que se celebrará, como todos os anos, a principios do vindeiro mes de setembro.

Xunto con esta nova edición de ‘Aldeas singulares’, a Fundación Eduardo Pondal traballa na preparación dunha xornada sobre vilas literarias na que participarían distintas localidades de Galicia.