A programación do Verán Cultural achega á Pobra do Caramiñal durante os meses de xullo e agosto un total de catorce actuacións de balde para público familiar. A Concellaría da Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, impulsa esta axenda para dinamiza-la vida cultural do municipio durante a época estival.
As actividades continúan nesta semana no Cantón da Leña, a partir das 20.30 horas.
Odaiko lucirase no día 11 co espectáculo musical chamado Vaia ritmo!, no cal se empregarán instrumentos do mundo da percusión contemporánea con elementos innovadores.
E Animar-T ofrecerá no día 13 o contacontos teatralizado e musicalizado A casiña de acollida, que fala de xenerosidade, amizade ou tolerancia, entre outros temas.