O Concello de Riveira acaba de iniciar unha nova actuación consistente na ampliación e remodelación de beirarrúas na rúa Agustín Fernández Oujo, céntrica vía situada entre as rúas Cordieiro e da Barreira na cidade de Santa Uxía: unha acción que vai permitir ademais incrementar o número de aparcamentos na zona.
A intención do Concello é alongar a beirarrúa da banda que mira en dirección Miguel Rodríguez Bautista diante dunha parcela sen edificar.
Ademais, na mesma banda estase a rebaixar o ancho da beirarrúa xa existente para permitir que os vehículos poidan aparcar en batería e permitir así un maior número de prazas.
Co fin de acometer estes traballos, foi aprobado un gasto de 3.980 euros en distintos materiais, incluíndo baldosas brancas raiadas, bordillos, cemento, formigón e area.