Saturday 23 de November de 2024

Máis de 1.200 persoas participan na romaría comarcal de Alternativa dos Veciños


Alternativa dos Veciños celebrou a romaría anual na Finca Tenreiro de San Pedro de Nós, á que asistiron máis de 1.200 persoas. A xornada desenvolveuse nun gran ambiente festivo e de confraternidade.

O presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, agradeceu a todas as persoas asistentes a súa participación na romaría e o seu apoio nas pasadas eleccións municipais en Oleiros e nos demais concellos nos que se presentou o partido. Con 3 alcaldías e 32 concelleiros e concelleiras, Alternativa é a cuarta forza política de Galicia a nivel municipal.