• O evento desenvolverase na praia de Laxe desde este venres e ata domingo.
• Participarán 44 clubs de toda España e a competición poderá seguirse en directo a través de RFESSMedia.
A praia de Laxe acollerá desde este venres, e ata domingo, o XXXV Campionato Infantil e Cadete de Salvamento e Socorrismo reunindo a 44 clubs e a un total de 459 socorristas, 27 máis que na pasada edición e cunha forte presenza feminina (52,94%).
A categoría cadete contará coa participación de 261 socorristas: 150 mulleres e 111 homes; mentres que na infantil haberá un total de 198 persoas: 105 competirán na categoría masculina e 93 na femenina.
Por Comunidades Autónomas, Galicia é a que máis representación terá no campionato cun 28,32%, seguida da Comunidade Valenciana (17,86%) e Castela-A Mancha (14,81%).
A competición será retransmitida en directo a través de RFESSMedia.