● Prestarán servizo nas praias do municipio entre o 10 de xullo e o 15 de setembro.
● O prazo para presentar as candidaturas finaliza o vindeiro martes, 11 de xullo.
O Concello de Miño publicou hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases que rexerán a convocatoria de contratación de cinco socorristas para as praias de Miño. O contrato, a xornada completa, estenderase os meses de xullo, agosto e setembro, previsiblemente.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro martes, 11 de xullo. Para participar no proceso, os aspirantes deben estar rexistrados no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade de Galicia e presentar no Rexistro Xeral do concello ou na sede electrónica a documentación necesaria.
Unha vez concorrido este período, publicaranse as listas provisionais de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios do concello ou na súa páxina web. Pola súa banda, os excluídos poderán presentar reclamacións nos dous días hábiles seguintes á publicación das listas.