As semifinais serán o 8 de xullo e a final o 15 de xullo.
Son 6 as peñas participantes no torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol.
O sistema de competición é por eliminatorias a un único encontro a disputar nos campos municipais da Laracha e de Paiosaco.
Na rolda previa quedaron emparellados San Ramón C.F. e San Román de Veteranos, que xogaron o pasado sábado no campo municipal da Laracha, cun resultado de 5-1 a favor do San Ramón. O outro partido: Sporting Bértoa contra Canteras el Pozo suspendiuse por non poder disputalo Canteras el Pozo, pasando directamente a semifinais o Sporting Bértoa.
As semifinais disputaranse este sábado 8 de xullo, cos seguintes encontros:
• 10:00 h: San Ramón C.F.– Peña Paiosaco – Campo municipal da Laracha
• 20:00 h: Sporting Bértoa – Veteranos Soandres – Campo municipal de Paiosaco
O sábado 15 de xullo xogaranse a final (20:00 h) e o partido polo terceiro posto (18:00 h) no campo municipal da Laracha.
En todos os casos a entrada para o público é gratuíta.