Os 40 nenos e nenas do Lousame Concilia Verán 2023, de entre 3 e 12 anos de idade, arrincaron onte as actividades do programa de conciliación elaborado polo Concello de Lousame para os meses de xullo e agosto. Unha iniciativa que se desenvolve nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas.
Na primeira xornada, tras unha primeira presentación, dedicáronse a realizar unha serie de xogos grupais, unha xincana deportiva e remataron cun contacontos sobre piratas. Lousame Concilia está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e do Programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade.