O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu neste 4 de xullo, a partir das 13.00 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia das concelleiras Charo Varela (Nós Pobra) e Genoveva Hermo (Nós Pobra), así como do concelleiro Francisco Javier Otero Maceiras (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:
Único: Aprobación acta anterior (27 de xuño de 2023).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.