Friday 22 de November de 2024

Inicio Conciliamos Xogando


Preto dun centenar de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos iniciaban onte os campamentos municipais Conciliamos Xogando. Organizados polo Concello de Neda, celebraranse con participación gratuíta ao longo do mes de xullo, guiados polos monitores da Asociación Teatro Calavera. As instalacións do CEIP San Isidro convertiranse así en epicentro do programa, no que nenos e nenas divídense en 3 grupos en función da súa idade para participar nunha morea de actividades. Dende predeporte ata xogos musicais, plástica, obradoiros medioambientais, xincanas ou contacontos. Así mesmo, xa avanzan que cada venres Conciliamos Xogando ofrecerá unha festa temática aos nenos e nenas participantes. No día de onte, xornada de inicio, o alcalde, Ángel Alvariño, e a concelleira de Igualdade, Ángeles Puentes, xuntos aos edís Gelucho García e José Sanmartín, daban a benvida a todos eles, e xunto ao equipo de monitores/as, facían a tradicional foto de familia de arranque do programa.