Friday 22 de November de 2024

A comisión organizadora da Festa do Bosque 2023 acordou convocar o Concurso de sobremesas, que se rexerá polas seguintes


SOBREMESAS DA FESTA DO BOSQUE 2023
A comisión organizadora da Festa do Bosque 2023 acordou convocar o Concurso de sobremesas, que se rexerá polas seguintes
BASES
O «Concurso de sobremesas da Festa do Bosque 2023» é un convite aberto a todas aquelas persoas que queiran participar, sen que se vaia establecer ningún tipo de discriminación ou limitación por parte da organización.

Todas as persoas que se inscriban deben participar cunha SOBREMESA (doce ou salgada) feita de maneira non industrial nin comercial.

Non se admitirá a concurso ningunha sobremesa que se sospeite pola organización que foi adquirida en comercio ou tenda ou feita de maneira industrial.

Cada persoa que se inscriba só poderá presentar unha sobremesa ao concurso.

O momento de inscrición para participar neste concurso será entre as 13.00 h e as 16.00 h do domingo 2 de xullo de 2023.

A organización solicita dos/as participantes que sexan orixinais e destaquen a sobremesa que presenten a concurso polo seu sabor e pola súa presentación.

Para motivar e recoñecer o esforzo dos/as participantes establécense as seguintes categorías cos seus correspondentes premios, patrocinados pola Pastelaría San Luís.
CATEGORÍA PREMIO
a) Sabor Trofeo conmemorativo
b) Presentación Trofeo conmemorativo

O xurado estará constituído por cinco persoas elixidas ao azar entre o público asistente á Festa do Bosque 2023.

A entrega dos premios realizarase ao finalizar o concurso.

Por último, establécese a data e lugar do concurso:
Lugar: BOSQUE DO AÑÓN – CARBALLO
Data: DOMINGO 2 DE XULLO DE 2023
Hora: 16.30 h
Inscrición: NA MESMA FESTA, ENTRE AS 13.00 H E AS 16.00 H