• O tradicional evento levará a cabo no porto de Miño e incluirá premios en metálico para os tres mellores clasificados.
O porto de Miño acollerá mañá, sábado 1 de xullo, a tradicional ‘Cucaña’, un dos eventos máis populares das festas patronais de San Pedro.
A proba terá lugar a partir das 17.00 horas e nela premiaranse con 150, 100 e 50 euros, respectivamente, aos tres primeiros clasificados.
Tamén mañá, ás 13.00 horas, o parque da Rúa acollerá o concerto de Guti Galiza, mentres que a agrupación Broken Peach poñerá o broche á xornada festiva ás 23:30 horas.
Pola súa banda, o domingo, día 2 de xullo, terá lugar unha sesión vermú ás 14:00 horas, amenizada polo dúo @Estrella, e ás 18:00 horas o público infantil poderá gozar dunha festa da escuma.
O luns 3 de xullo poñerase punto e final á celebración das festas patronais co ‘Día dous nenos nas atraccións’, unha xornada destinada ao goce dos máis pequenos do fogar.