• A do alcalde será a única dedicación exclusiva
• Os plenos da corporación terán carácter bimensual
O Concello de Cerdido celebrou este mércores, 28 de xuño, o pleno extraordinatrio no que o alcalde, Alberto Rey, deu conta da nova configuración da estrutura de goberno.
Así, Alberto Rey Paz, que se estreará ao mando do executivo cerdidense, asumirá a alcaldía; María Amalia Díaz Rodríguez xa exerce como 1ª tenenta de alcalde e concelleira de Educación e Cultura; Darío Santalla López é o 2° tenente de alcalde e concelleiro de Servizos sociais, Benestar e Igualdade; Diego Graña Pérez asumirá a Concellaría de Deportes e Xuventude, mentres que José Manuel Luaces Piñón será o encargado de xestionar as áreas de Obras, Servizos, e Medio ambiente.
A do alcalde, Alberto Rey, será a única dedicación exclusiva do executivo cerdidense.
Rey considera que “formamos un equipo de goberno preparado e con toda a ilusión para traballar por Cerdido os vindeiros catro anos”.
“Cremos que a distribución nas distintas áreas é a idónea para acadar unha xestión eficiente e eficaz por parte do noso equipo de goberno” engadiu o rexedor.
Periodicidade dos plenos
Na xornada de onte tamén se acordou a periodicidade coa que se celebrarán os plenos durante os vindeiros catro anos: as sesións ordinarias terán carácter bimensual.