O Concello de Riveira vai conmemorar este mércores 25 de novembro o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e farao nesta ocasión cunha concentración na praza da Casa Consistorial que se desenvolverá ás 12 do mediodía.
Nun acto que está sendo organizado polo Centro de Información á Muller (CIM), para o acontecemento foron invitados os distintos centros educativos de Secundaria do municipio co fin de expresar conxuntamente unha mensaxe de repulsa contra a violencia machista.
Así mesmo, quérese facer extensible esta invitación a toda a cidadanía de Riveira.
No transcurso do evento, o alcalde e representantes dos centros educativos lerán uns manifestos conmemorativos.