Friday 22 de November de 2024

Valentín Calvín recibe á presidenta de Portos de Galicia para revisar as melloras no porto de Ortigueira


• Susana Lenguas comprobou in situ as novas medidas de seguridade instaladas na contorna portuaria.

• A actuación contou cun orzamento duns 350.000 euros.

O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, recibiu esta mañá á presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, a delegada territorial da Xunta de Ferrol, Martina Aneiros, nunha visita ao municipio na que comprobaron as novas melloras no porto de Ortigueira. No encontro tamén estiveron presentes o enxeñeiro xefe da Zona Norte, Antonio López, e varios técnicos de Portos de Galicia.
Os traballos de remodelación, que se iniciaron hai uns meses e contaron cun orzamento aproximado de 350.000 euros, supuxeron unha importante mellora da seguridade na zona. Isto débese a que se trata dun lugar de moito tránsito, polo que pasean persoas maiores e desenvolven actividades de lecer nenos e nenas.
Deste xeito, tras a finalización deste proxecto, o Concello de Ortigueira xa está a traballar en novos plans de mellora. Entre eles inclúense a remodelación das beirarrúas e a dragaxe do porto de Espasante, a dragaxe na zona portuaria de Ortigueira e a mellora de luminarias e o pantalán deportivo municipal.