O proxecto AYCH busca fomentar a innovación na mocidade, vinculando ás pemes con novos talentos e coñecementos, e conseguindo que os máis novos podan seguir carreiras ou itinerarios educativos no sector creativo.
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela participou esta semana en Bruxelas no evento de capitalización “AYCH Brussels Final Summit”, no que tamén participaron outras entidades galegas como a Fundación Galicia Europa, LugOpen Factory e Vida Láctea.
O acto de clausura do proxecto europeo AYCH (Atlantic Youth Creative Hubs) tivo lugar este mércores na oficina en Bruxelas da Fundación Galicia Europa. Co peche deste programa realizouse un repaso das actividades desenvolvidas con este proxecto. Mención especial merencen as Creative Jams e os Hackatons, obradoiros que fomentan o intercambio de ideas e a cooperación entre xóvenes internacionais, socios e embaixadores do programa. Galicia acolleu dúas destas actividades, unha delas na sede da entidade cameral compostelá.
O proxecto AYCH é unha oportunidade para fomentar a creatividade e a tecnoloxía entre a mocidade, co-financiado polo programa Interreg Atlantic Area. Nel participan mozos menores de 30 anos residentes nos países da área atlántica: España, Portugal, Francia e o Reino Unido, nesta última fase tamén se sumou ao proxecto Irlanda.