Este venres día 30 de xuño, ás 13:30 horas, vaise inaugurar no parque Jose Martí de Santa Cristina unha nova exposición fotográfica de rúa. Co nome de “Os Nosos Océanos”, trátase dunha mostra de imaxes que presenta a biodiversidade mariña que ten como obxectivo concienciar de que todo o que coñecemos provén e depende dos océanos.
A exposición, que ten como comisario a Joaquín Araujo, enmárcase no perfil social do labor cultural de Afundación Obra Social ABANCA. A entidade entende que levar a mostra á rúa é a canle máis directa para acurtar distancias entre a sociedade e a cultura.
Estará dispoñible para ser visitada ata o vindeiro 30 de xullo.