O Centro Cultural A Fábrica acollerá este venres ás 20.00 h a inauguración da Exposición Colectiva do Obradoiro de Imaxe Dixital de Ocioleiros. A mostra estará aberta ao público ata o vindeiro 14 de xullo, con horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Trátase dunha selección das mellores imaxes do alumnado do Obradoiro de Fotografía Dixital e Tratamento e Edición de Imaxe Dixital de Ocioleiros, que estivo dirixido por David Balado González.