Friday 22 de November de 2024

A escolas infantís de Oleiros dispoñen de prazas vacantes en todos os cursos, agás unha mínima lista de espera en 1-2


Finalizado o prazo de admisión nas escolas infantís públicas de Oleiros, quedaron 29 prazas libres, 16 para o curso 0-1 e 13 para o curso 2-3. Só hai lista de espera no curso 1-2, con 6 nenos/as que provisionalmente quedaron sen praza.

Nada ten que ver esta realidade coa campaña desinformativa que ocupou portadas de periódicos, grandes titulares e declaracións demagóxicas por parte dalgún grupo político durante o pasado mes de abril. O sistema de escolas infantís públicas de Oleiros consta de 4 centros que ofertan en total 304 prazas: A Canteira 102, A Pardela 74, As Galeras 87 e A Braña 41 prazas.

O Concello sempre fixo unha aposta prioritaria por este tipo de centros, que ademais de atender ás mellores condicións de socialización das crianzas, resultan importantes mecanismos de conciliación da vida familiar e laboral.